Subvencións a Asociacións veciñais para o desenvolvemento de actividades xerais no Concello de Ferrol
A presente convocatoria de subvencións ten por obxecto a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas económicas ás entidades veciñais con ámbito de actuación no termo municipal de Ferrol para a realización de actividades e programas de interese xeral e para gastos ordinarios de funcionamento necesarios para o cumprimento dos seus propios fins.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña de conformidade co procedemento establecido no artigo 20.8 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/04/2026_0000003662.html




Comments