Bolsas Galicia Europa 2026 – Dereito
A Fundación Galicia Europa convoca dúas bolsas de formación dirixidas a persoas graduadas en Dereito para a realización de prácticas de asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas.
As bolsas, enmarcados no programa de prácticas da FGE ‘Bolsas Galicia Europa’, ten unha duración de 11 meses, con incorporación prevista para o mes de setembro de 2026.
Principais requisitos:
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
Estar en posesión dun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito, finalizado no ano 2021 ou posterior.
O prazo de solicitude das bolsas comeza o 4 de xuño de 2026 e remata o 3 de xullo ás 23:59 horas.
Máis información: Fundación Galicia-Europa




Comments