Ir o contido principal
hosteleria

Bolsas no Centro Superior de Hostelería de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia convoca varias bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia,   (códigos de procedemento TU200A e TU200C).

Conforme ás titulacións que se imparten no CSHG, a través desta convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2026/27:
– Bolsas ordinarias:
• 25 bolsas para o grao en xestión de empresas hostaleiras.
• 8 bolsas para o curso superior de chef de cociña e pastelaría.
– Bolsas de excelencia académica:
• 8 bolsas para o grao en xestión de empresas hostaleiras

Requisitos xerais:
Para poder optar á concesión dunha bolsa de nova adxudicación ou renovación deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. 

2. Ter solicitada a preadmisión no curso 2026/27 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG (formulario dispoñible en www.cshg.gal).
3. Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.

a) Bolsas ordinarias:
1. Para estudos de grao en xestión de empresas hostaleiras:
• Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igualou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
• A renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos na convocatoria.
2. Para o curso superior de chef de cociña e pastelaría:
• Titulación de ciclo medio ou superior na rama da hostalaría antes de que remate oprazo de solicitude destas bolsas, certificado de profesionalidade en cociña ou 6 meses deexperiencia laboral en hostalaría.
• A renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos na convocatoria.

b) Bolsas de excelencia académica para estudos de grao en xestión de empresas hostaleiras:
• Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual  ou superior a 8 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) Renovación das bolsas ordinarias de tipo I e tipo II:
• Cumprir os requisitos para matricularse no curso completo 2026/27.
• A renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos 

d) Renovación das bolsas de excelencia:
• Cumprir os requisitos para matricularse no curso completo 2026/27.
• Obter unha nota media no curso anterior dun 20 % igual ou superior á media do curso.
e) Bolsas de nova adxudicación vacantes para o resto do alumnado do CSHG:
• Cumprir os requisitos para matricularse no curso completo 2026/27.
• A renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos no artigo 11.

Prazo de presentación de solicitudes: do 4 de xuño ao 6 de xullo de 2026.

Máis información:  CSHG

Comments