Oposición Escala de Inspección Urbanística
Convocado o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica.
O número de prazas convocadas na escala de inspección urbanística será de:
– Especialidade técnica, unha (1) praza.
– Especialidade xurídica, unha (1) praza.
Titulación:
– Para o acceso á especialidade técnica, estar en posesión ou en condición de obter a licenciatura ou grao en Arquitectura ou en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, grao ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de arquitectura ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñería de Camiños, Canais e Portos.
– Para o acceso á especialidade xurídica, estar en posesión ou en condición de obter a licenciatura ou grao en Dereito.
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»→«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».
Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de xuño ao 6 de xullo de 2026
Máis información: DOG DE 05/06/2026




Comments