Ir o contido principal
comedor material miño

O Concello de Miño convoca bolsas para libros, material escolar e comedor escolar para o curso 2026/2027

O Concello de Miño abriu o prazo para solicitar as bolsas destinadas á adquisición de libros e material escolar, así como as bolsas de comedor escolar para o curso académico 2026/2027.

Bolsas para libros e material escolar

Estas axudas están dirixidas ao alumnado matriculado en Educación Infantil nos centros públicos do municipio e ao alumnado de Bacharelato nos centros públicos correspondentes.

Aspectos destacados:

  • Destinadas a familias empadroadas e residentes en Miño.
  • A renda per cápita familiar non poderá superar os 9.000 euros anuais.
  • Orzamento total da convocatoria: 2.500 euros.
  • Axudas de ata:
    • 100 euros para 4º de Educación Infantil (3 anos).
    • 80 euros para 5º e 6º de Educación Infantil.
    • 250 euros para 1º de Bacharelato.
    • 270 euros para 2º de Bacharelato.

Bolsas de comedor escolar

A convocatoria contempla tamén axudas para o servizo de comedor escolar do CEIP Castro Baxoi destinadas ás familias con menores recursos económicos.

Aspectos destacados:

  • Dirixidas ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria e ESO matriculado no CEIP Castro Baxoi.
  • A renda per cápita familiar non poderá superar os 17.999,88 euros anuais.
  • Orzamento total da convocatoria: 30.000 euros.
  • As bolsas poderán cubrir entre o 25 % e o 100 % do custo do comedor, en función da puntuación obtida segundo os criterios económicos, familiares e sociais establecidos nas bases.

Prazo de solicitude

As dúas convocatorias establecen unha primeira fase de presentación de solicitudes ata o 3 de xullo de 2026.

No caso de existir crédito sobrante, abrirase unha segunda convocatoria entre o 15 e o 30 de setembro de 2026.

Información e tramitación

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Miño, de forma presencial ou electrónica. Os impresos e anexos necesarios están dispoñibles nas dependencias municipais e na web municipal.

Comments