Ir o contido principal

Manzaneda convoca a selección de persoal para a campaña de verán

O Concello de Manzaneda abre un proceso selectivo para a contratación de persoal destinado á campaña de verán de 2026.

Postos ofertados

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 peón/á-condutor/a.
  • 3 peóns/as.

Prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 13.30 horas, durante os cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Información de interese

As solicitudes deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, que están dispoñibles:

A convocatoria foi aprobada mediante o Decreto da Alcaldía 2026-0167, do 22 de maio de 2026.

Comments