O Ministerio de Cultura impulsa a creación de banda deseñada con novas axudas para proxectos de cómic
O Ministerio de Cultura convocou as Axudas á Creación de Cómic 2025, unha iniciativa destinada a fomentar a creación de obras orixinais de banda deseñada nas linguas oficiais de España e nas linguas con recoñecemento xurídico nos estatutos de autonomía.
Obxectivo
- Apoiar a creación de proxectos de cómic inéditos.
- Impulsar a diversidade lingüística e cultural.
- Favorecer o desenvolvemento profesional das persoas creadoras do sector.
Quen pode participar?
Poderán presentar solicitude persoas creadoras que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria e desenvolvan proxectos orixinais de cómic.
Características da axuda
- Dirixida á creación literaria e artística de obras de cómic.
- Os proxectos deberán presentarse nas linguas oficiais de España ou noutras con recoñecemento estatutario.
- As obras deberán ser orixinais e inéditas.
Solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende el 05 de juño de 2026 ás 00:00 ata o 25 de juño de 2026 ás 23:59
Documentación
As persoas solicitantes debían achegar:
- Solicitude oficial.
- Datos da persoa autora.
- Memoria do proxecto.
- Documentación acreditativa requirida na convocatoria.
Máis información
A convocatoria forma parte das medidas de apoio ao sector da banda deseñada promovidas polo Ministerio de Cultura para reforzar a creación e difusión deste ámbito artístico.
https://www.cultura.gob.es/cultura/libro/becas-ayudas-subvenciones/ayud…




Comments