Ir o contido principal

Cinco prazas no Concello de Santa Comba

Mediante decreto de alcaldía apróbase a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a contratación de:

- 1 traballador/a social

- 1 técnico/a igualdade

- 1 docente para impartir o curso de operación auxiliares de servizos administrativos e xerais

- 1 docente para impartir o módulo de prevención no curso de operación auxiliares de servizos administrativos e xerais e no curso de asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas

- 1 docente para impartir os módulos de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero e formación para a igualdade.

As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de edictos da Casa Consistorial e de xeito complementario na páxina web municipal. Así mesmo poderán recollerse no departamento de recursos humanos e no rexistro municipal.

O prazo de presentación de instancias e documentación é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP para os procesos de selección de 1 traballador/a social, 1 técnico/a de igualdade.

O prazo de presentación de instancias e documentación é de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP nos seguintes procesos:

- 1 docente para impartir o curso de operación auxiliares de servizos administrativos e xerais

- 1 docente para impartir o módulo de prevención no curso de operación auxiliares de servizos administrativos e xerais e no curso de asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas

- 1 docente para impartir os módulos de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero e formación para a igualdade.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/09/2026_0000003864.html

Comments