Ir o contido principal

O Concello de Cualedro convoca cinco prazas temporais para a campaña de verán 2026

O Concello de Cualedro publicou a convocatoria para a selección e contratación temporal de persoal destinado á campaña de verán 2026.

Os postos ofertados son:

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 peón/oa-condutor/a.
  • 3 peóns/peoas.

A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, segundo as bases aprobadas pola Alcaldía mediante Resolución do 5 de xuño de 2026.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases da convocatoria poden consultarse no Concello de Cualedro e na sede electrónica municipal.

Prazo de solicitude: cinco días hábiles desde a publicación no BOP.

 

Comments