Ir o contido principal

A Merca abre a selección dunha persoa desempregada para o servizo de vixilancia, rescate e salvamento en instalacións acuáticas

O Concello da Merca convocou un proceso selectivo para a contratación temporal dunha persoa desempregada destinada á prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas.

A contratación está financiada pola Xunta de Galicia a través do programa de apoio aos servizos de socorrismo e salvamento durante a tempada estival.

As bases reguladoras foron aprobadas mediante Resolución da Alcaldía do 10 de xuño de 2026 e contemplan:

  • A contratación temporal de 1 persoa desempregada.
  • Desenvolvemento de funcións de vixilancia, rescate e salvamento en instalacións acuáticas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos na normativa de procedemento administrativo.

O texto íntegro das bases pode consultarse no taboleiro de anuncios municipal, na páxina web do Concello e na sede electrónica.

Os sucesivos anuncios relacionados co proceso selectivo publicaranse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello.

Comments