Ir o contido principal
comisión fiestas

Subvencións para equipamentos de actividades culturais no Concello de Arteixo

O obxecto é apoiar as entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura durante o período subvencionable establecido nesta convocatoria.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas na ligazón inferior.

O prazo de presentación será de 15 días naturais contados desde o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a través da BDNS.

As solicitudes e anexos deberán presentarse obrigatoriamente por sede electrónica (https://sede.arteixo.org).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/12/2026_0000003914.html

Comments