Ir o contido principal
axencia medicamentos

Bolsas de formación na Axencia Española de Medicamentos

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, convoca 10 bolsas de formación superior, en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Titulado universitario de Grao ou de Licenciatura, que finalizasen os estudos correspondentes do título esixido para a bolsa solicitada, dentro dos 5 anos anteriores á data de publicación da mesma. 

Bases Reguladoras

Orde SSI/442/2017, do 11 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, (BOE nº 120, do 20 de maio).

Contía

A contía das bolsas queda establecida en 1.686,33 euros/mes. Poderanse solicitar un máximo de tres bolsas, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos

Prazo de presentación de solicitudes:  do 16 de xuño ao 3 de xullo de 2026.

Máis información: BOE DE 15/06/2026

Comments