Ir o contido principal

Oia selecciona tres condutores/as de camión motobomba

O Concello de Oia publicou as bases para a contratación temporal de tres condutores/as para o camión motobomba municipal.

  • Posto: Condutor/a de camión motobomba.

  • Prazas dispoñibles: 3 postos.

  • Tipo de contrato: Persoal laboral temporal, a tempo completo.

  • Duración do servizo: 3 meses.

  • Xornada laboral: Traballo a quendas con plena dispoñibilidade (inclúe domingos, festivos, festas locais e quendas de noite segundo as necesidades do servizo).

Como inscribirse?

  • Prazo de solicitude: 8 días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

  • Consulta de bases: Toda a información detallada e os requisitos están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Oia: oia.sedelectronica.es (sección do taboleiro de anuncios e portal de transparencia).

Comments