Ir o contido principal
nacemento

Axudas por nacementos no Concello de Lousame

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases específicas polas que se rexerá o establecemento de axudas económicas ás familias do Concello de Lousame, co obxecto impulsar estratexias para fixar e fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento, evitando o despoboamento rural, así como apoiar ás familias do Concello de Lousame polo nacemento ou adopción de fillos e fillas.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao publicación da presente convocatoria (e bases específicas) no BOP da provincia de a Coruña, vía BDNS, e até o 18 de decembro de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/19/2026_0000004099.html

Comments