Ir o contido principal
ESO premios

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal_ 2026

A Consellería de Educación publica as bases reguladoras e convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2025/26 (código de procedemento ED311E).

Persoas beneficiarias.

Alumnado que cursou durante o ano académico 2025/26 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.

Cuantía.

Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de xuño ao 20 de xullo.

Máis información: DOG DE 19/06/82026
 

Comments