Ir o contido principal

Bolsa de emprego de Capataz no Concello de Arteixo

É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo a través do procedemento de oposición, en quenda libre, para cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo do posto de Capataza/Capataz do Servizo de Recollida e Transporte de Residuos Sólidos Urbanos (RSU), correspondente ao Grupo IV do Convenio de persoal laboral do Concello de Arteixo, vacante incluída na OEP 2026 do Concello de Arteixo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, toda vez se teñan publicadas as presentes bases reguladoras no BOP da Coruña e no DOG. Complementariamente, as bases publicaranse na web municipal aos meros efectos informativos, sen que tal publicidade sirva para determinación algunha de prazos de presentación de instancias.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/22/2026_0000004150.html

Comments