Ir o contido principal
taxi discapacidad

Axudas a taxis para persoas con discapacidade no Concello de Santiago de Compostela

O obxecto é regular a xestión de axudas económicas, de carácter individual, que concede o Concello de Santiago de Compostela a persoas que a causa da súa discapacidade, enfermidade crónica, tratamento que reciba ou idade teñan dificultades para o uso do transporte público, condicionado ao cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 3 das presentes bases.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/22/2026_0000004142.html

Comments