O Concello de Baralla convoca sete prazas temporais para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais
O Concello de Baralla convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de sete persoas para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e o mantemento operativo do vehículo motobomba, ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural.
Datos da convocatoria
- Número de prazas: 7.
- 1 xefe/a de brigada.
- 1 peón/oa condutor/a.
- 3 peóns/as de brigada.
- 2 condutores/as de motobomba.
- Modalidade de contratación: laboral temporal.
- Duración do contrato: 3 meses.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
Este proceso selectivo está exento de taxas.
As bases específicas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello de Baralla.




Comments