Dúas prazas de Xefes Coordinadores, outras dúas de Peóns condutores e seis máis de peóns contra incendios Concello de Santa Comba
Mediante decreto de alcaldía apróbase a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a contratación de 2 brigadas forestais.
As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de edictos da Casa Consistorial e de xeito complementario na páxina web municipal. Así mesmo poderán recollerse no departamento de recursos humanos e no rexistro municipal.
O prazo de presentación de instancias e documentación é de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, rematando o prazo ás 14 horas do último día hábil.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/26/2026_0000004274.html




Comments