Ir o contido principal
bus escolar

Subvencións para comedores escolares, material escolar e actividades extraescolares no Concello de Santiago de Compostela

O obxecto é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2026/2027, así como para os escolarizados en centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo), educación primaria e educación secundaria obrigatoria, para o curso 2026-2027, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

Prazo de presentación de solicitudes. As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/30/2026_0000004279.html

Comments