Prevención de riscos psicosociais no sector comercio
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, impulsa o curso gratuíto "Prevención de riscos psicosociais no sector comercio", dirixido a traballadores/as por conta allea e autónomos/as do sector comercio de Galicia, así como a persoas desempregadas de Galicia.
- A formación comezará o próximo 9 de xullo. Neste momento atópanse as últimas prazas dispoñibles.
O curso impártese en modalidade en liña (50 horas) e aula virtual (3 horas), o que permite compatibilizar a participación coa actividade profesional habitual.
Ao tratarse de formación subvencionada, non supón ningún custo para as persoas participantes, non é formación bonificada nin consome créditos de formación, e non require trámites por parte de empresas nin dos propios profesionais.
Podedes consultar todos os detalles e solicitar praza na web: https://www.cursosfemxa.es/cursosgratis-prl-galicia
Neste momento quedan moi pocas prazas dispoñibles, polo que recomendamos consultar a información con antelación.




Comments