Ir o contido principal
axudas estudos

Axudas para curso escolar 2025/26 no Concello de Coirós

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Coirós para a concesión de bolsas de estudo, para gastos de libros de texto ou material obrigatorio, para o curso 2025/2026, como acción de fomento destinada ás familias con escasos recursos económicos e con fillos cursando estudos de 2º ciclo de educación infantil, ciclos medios (bacharelato, F.P., módulos profesionais), ciclos superiores e outros.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detallada na ligazón inferior.

Finalizado o prazo de presentación das solicitudes, concederase un prazo de dez días hábiles para emendar deficiencias ou a falla de documentación, con indicación de que, si dentro do prazo concedido non se fixera así, terase por desistido da súa petición.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/02/2026_0000004342.html

Comments