Bolsas de Mobilidade con países extracomunitarios
A Consellería de Educación publica as bases reguladoras e procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2026/27, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B).
Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2026/27 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fóra do ámbito do programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.
Cada bolsa terá unha dotación de 1.700 € para intercambios realizados en Europa e de 2.500 € para o resto do mundo.
No caso de existir remanente de crédito, unha vez distribuída a contía prevista adxudicarase unha contía uniforme de 500 € entre as persoas solicitantes que realicen unha estadía igual ou superior a seis (6) meses, comezando desde os expedientes con maior nota media ata esgotar o crédito orzamentario.
Prazo de presentación de solicitudes: do 4 de xullo ao 3 de agosto DE 2026.
Máis información: DOG DE 03/07/2026




Comments