Ir o contido principal
vivenda

O Concello de Rairiz de Veiga abre o prazo para solicitar o alugueiro dunha vivenda municipal en Candás

O Concello de Rairiz de Veiga convocou o procedemento para seleccionar unha persoa beneficiaria do alugueiro dunha vivenda de titularidade municipal situada no lugar de Candás.

A vivenda terá un prezo de alugueiro de 100 euros mensuais, actualizado anualmente conforme ao IPC, e o contrato terá unha duración de tres anos, sen posibilidade de prórroga.

Poderán participar as persoas maiores de idade ou menores emancipadas que cumpran os requisitos establecidos na ordenanza reguladora, entre eles carecer dunha vivenda da súa propiedade ou non dispoñer do seu uso, estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Rairiz de Veiga e cumprir o resto das condicións previstas na convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015.

O modelo de solicitude e as bases da convocatoria están dispoñibles nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello de Rairiz de Veiga.

Comments