Axudas municipais de apoio á escolarización no Concello de Brión
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para sufragar gastos relacionados coa escolarización, entendendo por tales a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario.
Para ser beneficiarios/as das axudas reguladas nestas bases, as persoas solicitantes deberán acreditar o cumprimento dos requisitos que aparece nas base detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 30 de agosto de 2026 ás 23:59.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/08/2026_0000004483.html




Comments