Ir o contido principal
escolaridade

Axudas de apoio á escolarización no Concello de Brión

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para sufragar gastos relacionados coa escolarización, entendendo por tales a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na liazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 30 de agosto de 2026 ás 23:59 horas.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/16/2026_0000004703.html

Comments