Bolsa de emprego para a brigada de incendios no Concello de Vimianzo
Por Resolución de Alcaldía núm. 1078 de data 15/0/2026 aprobáronse as bases do proceso de selección, mediante oposición, para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a Brigada de Incendios no Concello de Vimianzo (Exp.2026/E001/000012).
As bases están a disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vimianzo: https://sede.vimianzo.gal.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/16/2026_0000004766.html




Comments