Ir o contido principal
proyecto deportivo 2

Plan PRODEPORTE na Deputación de Pontevedra, vía de crédito 2

Estas bases teñen por obxecto a ordenación do procedemento aplicable para a convocatoria e a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no marco do Plan ProDeporte para o ano 2026, co obxecto de sufragar os gastos derivados de investimentos realizados polas entidades deportivas da provincia de Pontevedra que reúnan os requisitos para ser beneficiarias.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este programa comezará o día seguinte ao da publicación das bases e do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e finalizará o 30 de setembro de 2026.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/30/2026059295

Comments