Ir o contido principal

A Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda convoca tres prazas para o Centro de Información á Muller (CIM)

A Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda abre o proceso selectivo para cubrir tres postos de traballo no Centro de Información á Muller (CIM). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Postos convocados:

  • 1 praza de asesor/a xurídico/a do CIM.
  • 1 praza de psicólogo/a do CIM.
  • 1 praza de axente dinamizador/a en materia de igualdade.

Información da convocatoria:

  • Entidade convocante: Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda.
  • Consulta das bases: No taboleiro de edictos da entidade e na sede electrónica da Mancomunidade.
  • Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOE.

    https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352165

Comments