Ir o contido principal
don bosco

Monitor/a de Tempo Libre en Ourense

A Asoc. xuvenil Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco oferta o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.

A maiores e de maneira online, ofrecen xunto con co título de Monitor/a o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre.

Para facer este curso é necesario:

Ter máis de 18 anos no comezo do curso (axuntar fotocopia do DNI).
Ter o graduado escolar.

O curso consta de dúas partes: unha fase teórica e outra práctica.

A fase teórica ten unha duración de 200 horas, das cales poderase faltar a un máximo de 40 horas, organizadas en 20 xornadas de 10 horas ao día, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETL dentro das súas competencias.
Cada unha das materias de curso terá unha pequena actividade ou formulario con preguntas tipo test a modo de avaliación, que deberedes presentar como moi tarde un mes despois da rematada fase teórica (dende o último día que se imparta a derradeira materia). O profesorado terá un mes máis para dar o APTO/NON APTO desta fase.

A fase práctica terá como data tope dous anos despois dende o último día que se imparta a derradeira materia da fase teórica, neste caso o 29 de novembro de 2028. Sempre e cando a fase teórica esté APTA. Poden ser ben 150 h en actividades nunha entidade de tempo libre ou ben 14 días de actividade intensiva.

DATAS E HORARIOS:

A parte teórica do curso comezará o día 3 de outubro e rematará o 29 de novembro, en horario de de 9.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h.


COTA:

O prezo do curso é de 250€, e inclúe os cursos de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre. En caso de non realizar ningún curso online, o custo total non varía.

INSCRICIÓN:

Para inscribirseserá necesario cubrir un formulario colgado na páxina web da Asociación Xuvenil AMENCER, con todos os datos e facer o pago da 1º parte do curso. 

O 50% restante da matrícula terase que aboar antes do ecuador do curso. No caso dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.

O prazo de matriculación é ata unha semana antes do comezo do curso, ou ben ata acadar o límite de 25 prazas.

O importe inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos, así como os dous cursos online non obrigatorios.

As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

Máis información: amencer.org

Comments