Ir o contido principal
director

Curso oficial de director/a en actividades de tempo libre en Cambados

Formación oficial para obter o título de director/a de actividades de tempo libre, con modalidade presencial e formación en liña.

Datos da formación

  • Curso: Director/a en actividades de tempo libre
  • Lugar: Cambados
  • Modalidade: presencial e en liña
  • Duración: 150 horas teórico-prácticas + 150 horas prácticas
  • Datas presenciais: do 25 de setembro ao 1 de novembro de 2026, durante as fins de semana
  • Horario presencial:
    • Venres: de 15.00 a 20.00 horas
    • Sábados e domingos: de 9.00 a 14.00 e de 15.00 a 20.00 horas
  • Formación en liña: 2, 10, 11, 17, 18, 24, 25, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro

Requisitos

Para acceder ao curso é necesario:

  • Ter cumpridos 18 anos.
  • Dispor do título oficial de monitor/a en actividades de tempo libre.
  • Acreditar un ano de experiencia como monitor/a de 250 horas.

Prezo

  • Tarifa xeral: 250 €
  • Persoas con desconto «Trae un amigo/a»: 230 €
  • Estudantes, persoas desempregadas ou con Carné Xove: 230 €

Os descontos non son acumulables.

Inscricións

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico etlomuxe@gmail.com ou presencialmente en Rúa Alameda de San Tomé, 17 baixo, Cambados.

 

Organiza: O MuXe – Escola de Tempo Libre

Comments