Ir o contido principal
TELONAMAN 360

Curso Aplicación do Ecodeseño no ámbito social

Trátase dunha formación gratuíta de 59 horas dirixida a persoas desempregadas, que se desenvolverá entre novembro de 2026 e febreiro de 2027, combinando formación en liña con talleres presenciais no Centro MANS, na Coruña.

A formación abordará, entre outros contidos, a sostibilidade e a economía verde e azul, a valorización de residuos, o ecodeseño e a ecoetiquetaxe, o ecodeseño social, a igualdade de oportunidades e o deseño e prototipado con materiais reciclados.

A formación combinará sesións en liña en directo con xornadas presenciais de experimentación e prototipado.

Utilizaranse ferramentas visuais, materiais reciclados, metodoloxías de design thinking accesible e aprendizaxe baseada en proxectos.

A formación vai dirixida a persoas desempregadas interesadas na creatividade, a sustentabilidade, o deseño de solucións e a transformación de materiais.

Duración:59 horas

Modalidade: mixta, en liña e presencial

Programación prevista: entre novembro de 2026 e febreiro de 2027. Sesións presenciais previstas:15, 16 e 17 de febreiro de 2027.

Máis información e inscricións: TELONAMAN360

Programa


 

Comments