Ir o contido principal
voluntariado

Jóvenes para Jóvenes: Educando en Derechos Humanos y Objetivos de Desarrollo Sostenible

Formación gratuíta en dereitos humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para estudantes universitarios e de FP de 18 a 30 anos

A entidade Helsinki España organiza en Santiago de Compostela unha nova edición do proxecto “Mozos e Mozas para Mozos e Mozas: Educando en Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, unha iniciativa de formación e voluntariado dirixida á mocidade.

Destinatarios/as

  • Mozos e mozas de 18 a 30 anos.
  • Estudantes universitarios/as ou de Formación Profesional (FP).
  • Non é necesario ter experiencia previa no ámbito da educación ou dos dereitos humanos.

Fase de formación

A formación terá lugar na Universidade de Santiago de Compostela (USC) do 13 ao 16 de outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Trátase dunha formación intensiva e gratuíta impartida por un equipo especializado e na que se abordarán, entre outros, os seguintes contidos:

  • Dereitos humanos.
  • Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
  • Xénero e igualdade.
  • Senfogarismo.
  • Migración e refuxio.
  • Saúde mental.
  • Prevención de adiccións.
  • Ciberacoso.
  • Dinámicas interactivas de sensibilización.

Fase de voluntariado

A partir do 19 de outubro, as persoas participantes poderán desenvolver a fase de voluntariado en centros educativos de Santiago de Compostela.

O voluntariado realizarase por parellas e consistirá na impartición de catro obradoiros de sensibilización en centros educativos sobre diferentes cuestións relacionadas cos dereitos humanos, a igualdade, a inclusión e os ODS.

Inscrición

A participación tanto na formación como no proxecto de voluntariado é gratuíta.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través do seguinte formulario:

Formulario de inscrición: https://forms.gle/jRYWhhaGy176fzp17

Organiza: Helsinki España
Lugar: Universidade de Santiago de Compostela e centros educativos de Santiago de Compostela
Datas de formación: do 13 ao 16 de outubro
Horario: de 16:00 a 20:00 horas
Inicio do voluntariado: a partir do 19 de outubro
Destinatarios/as: estudantes universitarios/as e de FP de 18 a 30 anos
Prezo: gratuíto

Comments