Cuntis ofrece axudaspor menor para gastos escolares
O Concello de Cuntis destina axudas para apoiar as familias con dificultades socioeconómicas no curso 2026/2027
- Beneficiarias: familias empadroadas no Concello de Cuntis con menores ao seu cargo.
- Requisito educativo: menores matriculados no curso 2026/2027 no CPI Don Aurelio, no segundo ciclo de educación infantil (de 3 a 5 anos).
- Contía: ata 150 euros por menor, mediante un pagamento único.
- Gastos subvencionables: fichas, mandilón, chándal, calzado de ximnasia, mochilas, material funxible e outros gastos relacionados co desenvolvemento do curso.
- A contía final da axuda estará condicionada ao gasto efectivamente realizado e xustificado.
- As axudas son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, sempre que non se supere o custo dos materiais subvencionados.
- Orzamento total: 1.800 euros, con cargo á partida de gastos de emerxencia social do Concello.
- No caso de que a demanda supere o crédito dispoñible, as solicitudes ordenaranse segundo a puntuación obtida na valoración e baremación, ata esgotar o orzamento.
- Prazo de solicitude: desde o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o 2 de outubro de 2026.
- Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
- As bases estarán dispoñibles no BOP de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Anuncios do Concello de Cuntis.
BDNS: 927081
Máis información: Concello de Cuntis. https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/03/2026065352




Comments