Subvencións para entidades sen ánimo de lucro no Concello de Fene
As subvencións e axudas que se outorgan ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade contribuír ao normal funcionamento do tecido asociativo (gasto corrente); mantemento de instalacións así como a realización de actividades de carácter cultural, deportivo, educativo, de defensa de dereitos da veciñanza e os gastos de funcionamento das entidades que as desenvolvan.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será até as 14.00 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/04/2026_0000005729.html




Comments