Ir o contido principal
deporte

Subvencións para entidades sen fins de lucro para actividades deportivas no Concello de Baiona

Poderán ser obxecto de subvencións os gastos referidos as seguintes actividades: Gastos de organización de actividades deportivas ou relacionadas coa promoción do deporte e gastos de organización de actividades en xeral. Quedan excluídos da presente convocatoria, e polo tanto non serán obxecto de subvención, e as actividades que non estean organizadas directamente pola entidade solicitante.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes presentaranse nun prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, e únicamente poderán presentarse a través da Sele Electrónica, http://baiona.sedelectronica.gal.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/07/2026066144

Comments