Subvencións para entidades culturais sen ánimo de lucro no Concello de Malpica de Bergantiños
Sendo a finalidade desta convocatoria apoiar ás entidades culturais sen fins de lucro no mantemento das súas actividades e nas programacións que desenvolvan en materia de cultura, conforme ao disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da administración local de Galicia, e con cargo ás partidas orzamentarias correspondentes do Concello de Malpica de Bergantiños, convócanse, para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2026, as axudas para os programas que nas bases detalladas se explican.
As condicións para inscribirse tamén poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados dende o día seguinte ao de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aqui: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/08/2026_0000005797.html




Comments