Ir o contido principal
curso escolar

Axudas para o curso escolar 2026/27 no Concello de Cabanas

O obxecto da convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación co fin de compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolarización.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e acabará 10 días despois.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/17/2026_0000005994.html

Comments