Bases do plan extraordinario de infraestructuras deportivas da Deputación de Pontevedra
As bases e a convocatoria do IV Plan extraordinario de infraestruturas deportivas teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se outorguen con cargo a este plan.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este plan é de tres (3) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no BOPPO e na BDNS.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/17/2026068046




Comments