Ir o contido principal
población mediana

Plan de infraestructuras deportivas para poboacións de tamaño mediano e pequeno <50000 habitantes da Deputación de Pontevedra

As finalidades subvencionables son:

Construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, así como a cuberta de instalacións deportivas, modernización, remodelación e mellora de instalacións e outros espazos públicos de uso deportivo, dotación de equipamentos nas instalacións deportivas, así como de material deportivo de carácter inventariable, adquisición de terreos destinados a uso deportivo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este plan é de tres (3) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no BOPPO e na BDNS.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/17/2026068047

Comments