Curso de director/a de actividades de tempo libre 2026 Laxe
O Proxecto Colaxe organiza un Curso de director/a de actividades de tempo libre 2026, homologado pola Xunta de Galicia, en modalidade intensiva semipresencial.
📅 Datas: do 1 ao 22 de outubro de 2026
📍 Modalidade: semipresencial
💶 Prezo: 250 €
📝 Inscrición: ata o 29 de setembro
👥 Prazas: limitadas, por orde de inscrición. O curso realizarase cun mínimo de 10 persoas inscritas.
Formación
- 150 horas de formación teórico-práctica: 75 horas presenciais e 75 horas en liña.
- 150 horas de fase práctica, segundo a normativa vixente.
Requisitos
- Ter 18 anos ou máis.
- Dispor do título oficial de monitor/a de actividades de tempo libre, ou
- Ter o título de ensino secundario ou equivalente e acreditar 250 horas de experiencia ou 30 días como integrante dun equipo de animación en colonias ou campamentos, sempre despois de obter o título de monitor/a.
Inscrición e contacto
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 29 de setembro.
Proxecto Colaxe – Formación e Ocio
📞 679 76 14 66 / 981 72 83 10
📧 etlcolaxe@gmail.com
📍 Rúa Vila Amparo, 47 baixo, Laxe (A Coruña)
🌐 proxectocolaxe.com




Comments