A Pontenova convoca unha praza de auxiliar administrativo como persoal laboral temporal
O Concello da Pontenova convoca un proceso selectivo, mediante concurso-oposición, para a contratación de unha persoa como auxiliar administrativo, en réxime de persoal laboral temporal, para substituír unha persoa traballadora con dereito a reserva do posto de traballo.
Requisitos e características da convocatoria:
- Posto: auxiliar administrativo.
- Modalidade: persoal laboral temporal.
- Sistema selectivo: concurso-oposición.
- Número de prazas: 1.
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
- Presentación: no Rexistro Xeral do Concello da Pontenova, de 09:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica municipal.
- As solicitudes tamén poderán presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, segundo o previsto nas bases da convocatoria.
As bases da convocatoria están dispoñibles na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios do Concello, tanto físico como electrónico.
Máis información: sede electrónica do Concello da Pontenova.
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…




Comments