Vilagarcía de Arousa convoca axudas para estudos universitarios e ciclos superiores do curso 2025/2026
O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca axudas destinadas a estudantes universitarios/as e de ciclos superiores de Formación Profesional que, residindo no municipio, realicen os seus estudos fóra do termo municipal durante o curso 2025/2026.
Requisitos principais:
- Ter nacionalidade española, dalgún país da Unión Europea ou ser cidadán/a extracomunitario/a.
- Ter residencia habitual, permanente e ininterrompida en Vilagarcía de Arousa durante polo menos un ano na data da solicitude.
- Estar matriculado/a durante o curso 2025/2026 en estudos universitarios, estudos superiores ou ciclos superiores de Formación Profesional en centros públicos ou privados autorizados, durante un período mínimo de nove meses.
- Quedan excluídos os estudos realizados en liña.
- No caso dos estudos universitarios ou superiores, ter cursado un mínimo de catro materias anuais ou 30 créditos.
- Non superar os límites de renda establecidos nas bases da convocatoria.
Prazo de solicitude: ata o 16 de outubro de 2026, desde o día seguinte á publicación no BOP de Pontevedra.
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Contía das axudas:
- 425 euros para estudos universitarios ou similares.
- 225 euros para ciclos superiores de Formación Profesional ou similares e estudos da UNED.
As axudas son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, sempre que o importe conxunto non supere o custo da actividade subvencionada.
As persoas beneficiarias deberán acreditar a superación de, cando menos, o 50 % das materias do curso 2025/2026 para xustificar o cumprimento da finalidade da axuda.
A convocatoria conta cunha dotación máxima de 72.000 euros.
Máis información: Concello de Vilagarcía de Arousa e sede electrónica municipal.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/23/2026069025




Comments