Ir o contido principal
podcast

1ª edición premio pódcast transmitindo en galego da Deputación da Coruña

A presente convocatoria ten como obxecto regular a concesión de premios destinados a promover e recoñecer a creación e produción de pódcasts en lingua galega, co fin de contribuír ao fomento, á difusión e á visibilidade social e mediática do uso do galego no ámbito da creación sonora e de incentivar a calidade, a diversidade temática e a innovación das producións sonoras neste idioma.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de candidaturas iniciarase ao día seguinte do que se publiquen estas bases no Boletín Oficial da Provincia a través da Base de Datos Nacional de Subvencións, de conformidade coas normas que se conteñen no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de Datos Nacional de Subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas e finalizará ás 14:00 horas do día 18 de decembro de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/23/2026_0000006072.html

Comments