Ir o contido principal
deportes

Subvencións a asociacións deportivas no Concello de Pontevedra

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para fomentar a práctica deportiva a través da participación en competicións oficiais correspondentes ao ámbito territorial das entidades deportivas do Concello de Pontevedra na tempada 2025/2026 ou 2026, para contribuír a consecución dun ou varios dos obxectivos previstos polo Concello de Pontevedra en canto ás actividades deportivas se refire segundo constan no plan estratéxico de subvencións do Concello de Pontevedra para o período 2026-2028.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra da convocatoria da subvención.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/24/2026069089

Comments