A Universidade de Vigo convoca os Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos TFG, TFM e Teses de Doutoramento (curso 2024/2025)
A Universidade de Vigo fixo pública a Resolución do 17 de setembro de 2026 pola que se convocan os Premios Egeria. Esta iniciativa ten como obxectivo principal recoñecer e difundir os mellores Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Máster (TFM) e Teses de Doutoramento (TD) realizados polo estudantado da Universidade de Vigo que inclúan de xeito transversal a perspectiva de xénero e/ou feminista.
PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS
Poderá optar a estes galardóns o alumnado da Universidade de Vigo que cumpra algunha das seguintes condicións:
-
Alumnado de TFG e TFM: Ter superado o traballo de fin de grao ou de máster universitario durante o curso 2025/2026 na UVigo cunha cualificación mínima de 9 puntos.
-
Alumnado de Doutoramento: Ter defendido a tese entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026 coa cualificación de Sobresaínte CUM LAUDE.
DOTACIÓN ECONÓMICA
A convocatoria conta cun crédito total de 6.300 euros destinados ao recoñecemento dos mellores traballos presentados nas distintas categorías.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
Prazo: Aberto desde o 18 de setembro ata o 8 de outubro de 2026.
-
Máis información e bases completas: O texto completo da convocatoria e as súas bases reguladoras atópanse publicados na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 930399).




Comments