Covelo convoca o VII Concurso de Fotografía para o calendario municipal 2027
Prazo de presentación: ata o 9 de novembro de 2026 ás 13:30 horas
O Concello de Covelo convoca a VII edición do Concurso de Fotografía para a temática do calendario municipal 2027, baixo o lema «Covelo, turismo, cultura e patrimonio».
Obxecto
- Fomentar a participación da veciñanza en actividades artísticas e creativas.
- Seleccionar 12 fotografías que ilustrarán os meses do calendario do Concello de Covelo de 2027.
Persoas participantes
- Poderá participar calquera persoa interesada.
- As persoas menores de idade deberán contar coa autorización do pai, nai ou titor/a legal.
- Quedan excluídos o persoal empregado do Concello e os/as concelleiros/as da Corporación.
- As persoas participantes deberán cumprir os requisitos establecidos na Lei xeral de subvencións e estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Premios
- 1.º premio: curso intensivo de fotografía de 2 días e 8 horas de duración, presencial ou en liña, sobre teoría e manexo de cámara dixital.
- 2.º premio: 2 ampliacións fotográficas de 40 x 30 cm sobre soporte ríxido tipo Dibond ou copia en papel museo para colección, sen montaxe nin enmarcado.
- 3.º premio: 1 ampliación fotográfica de 40 x 30 cm nas mesmas condicións.
Os premios faranse efectivos en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Covelo.
Prazo e lugar de presentación
- Prazo: desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra ata o 9 de novembro de 2026 ás 13:30 horas.
- Lugar: Biblioteca Municipal de Covelo.
- Enderezo: Travesía de Vigo, n.º 7, 36872 Covelo (Pontevedra).
- Horario: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Máis información: as bases reguladoras estarán dispoñibles na web do Concello de Covelo e no taboleiro de anuncios.
BDNS: 931653 https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/30/2026069927




Comments