Ir o contido principal
estudos

Pontecesures convoca bolsas de apoio á escolarización para o curso 2026/2027

Prazo de presentación: 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto no BOP

O Concello de Pontecesures convoca bolsas de apoio á escolarización para o curso 2026/2027, destinadas a contribuír aos gastos de libros de texto, material escolar, material informático, vestiario e equipamento necesario para o inicio do curso.

Persoas beneficiarias

  • Pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no 2.º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria durante o curso 2026/2027.
  • A unidade familiar deberá estar empadroada no Concello de Pontecesures cunha antelación mínima dun ano, agás os supostos previstos na normativa municipal.
  • As persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos económicos e demais condicións establecidos nas bases.

Contía das axudas

  • Ata 100 euros por menor: para alumnado do 2.º ciclo de Educación Infantil e de 1.º e 2.º curso de Educación Primaria.
  • Ata 80 euros por menor: para alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria e de Educación Secundaria.

O crédito máximo destinado a estas axudas é de 2.000 euros.

Gastos subvencionables

As axudas poderán destinarse, segundo o nivel educativo, á adquisición de:

  • Libros de texto.
  • Material escolar.
  • Material informático.
  • Vestiario e equipamento necesario para o inicio do curso escolar.

No caso do alumnado de 3.º a 6.º de Primaria e de Secundaria, exclúense expresamente os libros de texto da consideración de material escolar subvencionable.

Presentación de solicitudes

  • Prazo: 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria no BOP.
  • Lugares de presentación: Rexistro Xeral do Concello, sede electrónica municipal ou polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Documentación

Entre a documentación que deberá achegarse figura:

  • Solicitude e declaración responsable.
  • Memoria xustificativa.
  • DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar.
  • Libro de familia.
  • Xustificante da matrícula.
  • Xustificantes dos ingresos correspondentes ao período de xaneiro a xuño de 2026.
  • De ser o caso, xustificante do alugueiro ou do pagamento do préstamo hipotecario.
  • Certificación bancaria do número de conta.
  • Declaración doutras axudas recibidas para a mesma finalidade.

Máis información: sede electrónica do Concello de Pontecesures e páxina web municipal.

 

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/30/2026070172

Comments