Ir o contido principal
transporte escolar

Axudas de transporte para quen curse estudos fora do Concello de Coirós

O obxecto é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas municipais ao transporte para a realización de estudos fóra do termo municipal do Concello de Coirós, correspondentes ao curso 2026/2027, de conformidade co establecido nas Bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Coirós.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/30/2026_0000006267.html

Comments