Certificado de profesionalidade en operacións de gravación e tratamento de datos e documentos
ARA Formación ofrece unha formación 100 % gratuíta dirixida a persoas menores de 30 anos en situación de desemprego e inscritas no Servizo de Emprego.
- Curso: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508).
- Nivel: 1, polo que non se requiren estudos académicos previos.
- Destinatarios/as: menores de 30 anos desempregados/as inscritos/as no Servizo de Emprego.
- Modalidade: teleformación (online).
- Inicio previsto: novembro de 2026.
- Prácticas profesionais: inclúe prácticas non laborais en empresas.
- Exames finais: realizaranse de maneira presencial en Pontevedra.
- Axudas: dispón de bolsas e axudas para o desprazamento nos días de exame para o alumnado que teña que desprazarse desde outras localidades.
- Gratuíta: formación financiada.
- Titulación: certificado de profesionalidade oficial con validez en todo o territorio nacional.
A formación permite adquirir competencias relacionadas coa gravación, tratamento e xestión de datos e documentos, facilitando o acceso á cualificación profesional e ao mercado laboral.
As persoas interesadas poden consultar os requisitos e a información detallada da convocatoria a través de ARA Formación.
Conchi Garcia Riestra
Tlno: 686073369




Comments